A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación dispón dun Plan de Acción Titorial que ten como obxecto informar e orientar ao novo estudantado sobre cuestións académicas e/ou profesionais, facilitar o proceso de adaptación do ensino de procedencia á universidade e fomentar a súa participación nos distintos ámbitos da vida universitaria.

Os obxectivos do PAT diríxense a atender as dimensións básicas da orientación e necesidades do estudantado do grao. Propóñense pois os seguintes obxectivos:

  • Facilitar unha orientación persoal para favorecer o axuste persoal, a atención ás necesidades específicas de apoio educativo e o axuste grupal do estudantado
  • Realizar unha orientación académica continua ao longo do grao que permita ao estudantado o coñecemento da estrutura e funcionamento deste, a toma de decisións acerca das prácticas externas, o procedemento de realización e redacción do Traballo Fin de Grao (TFG), a optatividade ou as oportunidades de formación complementaria

PAT na FCCSC