A benvida ao estudantado do Grao Virtual en Dirección e Xestión pública contempla as seguintes accións:

Durante o proceso de matrícula

A coordinación do Grao enviará ao estudantado un correo electrónico no que se lle informará do comezo das clases e de como acceder ao “Espazo Común do Grao” e ao “Curso Introdutorio en Dirección e Xestión Pública”, aloxados na plataforma de teledocencia. Con iso, búscase que o alumnado se familiarice co funcionamento da plataforma e poida resolver dúbidas antes do comezo das clases.

Durante a primeira semana de clase

  • Presentación do estudantado
    No Foro de Presentacións do “Espazo Común do Grao”, o estudantado poderá presentarse mediante un vídeo ou unha mensaxe dirixida aos seus futuros compañeiros/as e ao profesorado
  • Acto de benvida
    A coordinación e profesorado do Grao organizarán un acto institucional e académico baixo formato Webinar ao que poderá asistir o alumnado a través do Campus Remoto