Obxectivos xerais
- Promover estudos no ámbito da dirección e xestión pública
- Capacitar ao estudantado que curse o grao para levar a cabo labores profesionais de tipo teórico e práctico no ámbito da dirección e xestión pública
- Facilitar o acceso a formación académica universitaria de calidade relacionada coa dirección e xestión pública a estudantado de Galicia, España, Portugal e Latinoamérica
Obxectivos específicos
- Inculcar ao estudantado un interese pola aprendizaxe da Dirección e Xestión Pública
- Identificar a natureza e os métodos aplicables ao obxecto de estudo, xunto cunha perspectiva histórica do seu desenvolvemento
- Proporcionar ao estudantado unha base sólida de coñecementos fundamentais en Dirección e Xestión Pública, a través de novas ferramentas metodolóxicas baseadas na utilización das novas tecnoloxías
- Permitir unha formación integral e multidisciplinar que permita ao estudantado desenvolver as habilidades esixidas para aplicar os coñecementos adquiridos na práctica profesional
- Xerar no estudantado un espírito crítico de análise que lles permita valorar a importancia dos seus coñecementos en contextos políticos, sociais e económicos, nacionais e internacionais
- Proporcionar ao estudantado instrumentos de aprendizaxe e investigación para dotalo de maior autonomía
- Capacitar para o acceso, con razoables garantías de éxito, a estudos posteriores especializados e de posgrao
- Proporcionar ao estudantado prácticas académicas externas en empresas e administracións públicas, imprescindibles para desenvolver as habilidades esixidas para aplicar os coñecementos adquiridos