Profesor/a contratado/a de substitución
Área de Ciencia Política e da Administración
Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía
Información de contacto
Breve CV
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Xestión Pública por ESADE-Universitat Autónoma de Barcelona-Universitat Pompeu Fabra, e Doutor en Ciencias Políticas, especializado en análise de políticas públicas de Benestar dende unha perspectiva multinivel, pola Universidade de Santiago de Compostela. Ó longo da miña vida profesional e académica colaborei como investigador universitario en proxectos relacionados co deseño, xestión e avaliación de políticas públicas, coordinando o deseño e implementación de políticas de Benestar, e realizando auditorías e avaliacións de programas relacionados coa mellora da calidade de vida da poboación en diferentes países. No ano 2023 incorpórome ó equipo do Grao en Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo, colaborando na docencia de materias como Sistema Político Español e Xestión de Redes Sociais Institucionais.
Docencia
1º cuadrimestre
P04G095V01105 | Gobernanza, globalización e dereitos humanos
2º cuadrimestre
P04G095V01409 | Xestión das redes sociais institucionais
P04G095V01413 | Habilidades orientadas ao emprego nas organizacións públicas