O Traballo de Fin de Grao forma parte como módulo, materia ou disciplina do plan de estudos de todo título oficial de grao. No seu deseño débese prever que a súa elaboración, avaliación e cualificación terán lugar dentro do período establecido para realizar os estudos.
No caso do Grao Virtual en Dirección e Xestión Pública, o TFG poderase realizar a través dos servizos “ online” da Universidade de Vigo, tanto da súa Plataforma de Teledocencia, como do seu Campus Remoto (aulas virtuais), e os despachos virtuais do profesorado responsable de tutorizar cada traballo académico.
En todo caso, é importante confirmar que o TFG é un traballo persoal, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a tutorización do centro, e que debe permitirlle mostrar de maneira integrada a adquisición de competencias e dos contidos formativos asociados ao título.
En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver liñas de traballo xa iniciadas no marco dos estudos da titulación. No caso de que o traballo reproduza un texto publicado dixitalmente ou en formato tradicional, sen que o autor/a fágase eco desta circunstancia e o presente como propio e orixinal, considerarase como plaxio. O plaxio constituirá motivo de suspenso.