A benvida ao estudantado do Grao Virtual en Dirección e Xestión pública contempla as seguintes accións:
Durante o proceso de matrícula
A coordinación do Grao enviará ao estudantado un correo electrónico no que se lle informará do comezo das clases e de como acceder ao “Espazo Común do Grao” e ao “Curso Introdutorio en Dirección e Xestión Pública”, aloxados na plataforma de teledocencia. Con iso, búscase que o alumnado se familiarice co funcionamento da plataforma e poida resolver dúbidas antes do comezo das clases.
Durante a primeira semana de clase
- Presentación do estudantado
No Foro de Presentacións do “Espazo Común do Grao”, o estudantado poderá presentarse mediante un vídeo ou unha mensaxe dirixida aos seus futuros compañeiros/as e ao profesorado - Acto de benvida
A coordinación e profesorado do Grao organizarán un acto institucional e académico baixo formato Webinar ao que poderá asistir o alumnado a través do Campus Remoto