Competencia Básica 1 (CB1):
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

Competencia Básica 2 (CB2):
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

Competencia Básica 3 (CB3):
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

Competencia Básica 4 (CB4):
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

Competencia Básica 5 (CB5):
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

Competencia Xeral 1 (CG1):
Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións xestionando a información e o tempo.

Competencia Xeral 2 (CG2):
Organizar e planificar a actividade profesional de maneira óptima.

Competencia Xeral 3 (CG3):
Traballar en equipo e en ambientes multidisciplinares.

Competencia Xeral 4 (CG4):
Comprometerse eticamente e ter vocación de servizo público.

Competencia Xeral 5 (CG5):
Razoar críticamente.

Competencia Xeral 6 (CG6):
Aplicar o coñecemento relacionado coa dirección pública na práctica.

Competencia Xeral 7 (CG7):
Liderar e delegar responsabilidades no manexo de grupos de traballo.

Competencia Xeral 8 (CG8):
Ter iniciativa e espírito emprendedor.

Competencia Xeral 9 (CG9):
Xerar novas ideas relacionadas coa dirección e xestión pública.

Competencia Xeral 10 (CG10):
Deseñar e xestionar proxectos.

Competencia Específica 1 (CE1):
Identificar as principais teorías e enfoques da Ciencia Política, da Administración e Xestión Pública.

Competencia Específica 2 (CE2):
Recoñecer a estrutura e o funcionamento dos sistemas políticos e das institucións políticas.

Competencia Específica 3 (CE3):
Identificar os fundamentos da política comparada nun contexto de globalización.

Competencia Específica 4 (CE4):
Analizar o comportamento dos actores e procesos políticos e sociais e aplicar as técnicas de comunicación política.

Competencia Específica 5 (CE5):
Describir a estrutura, a organización e o funcionamento das Administracións Públicas multinivel, analizando a súa relación coa cidadanía.

Competencia Específica 6 (CE6):
Aplicar os coñecementos relacionados coa planificación e a xestión administrativa para unha óptima gobernanza.

Competencia Específica 7 (CE7):
Deseñar e implementar ferramentas de xestión dos recursos humanos nas organizacións.

Competencia Específica 8 (CE8):
Identificar, interpretar, planificar e xestionar os recursos económico-financeiros das Administracións públicas.

Competencia Específica 9 (CE9):
Identificar e aplicar o marco normativo da actividade que realizan as Administracións Públicas.

Competencia Específica 10 (CE10):
Valorar a contorna económica e a dimensión económica do sector público.

Competencia Específica 11 (CE11):
Planificar, implantar, avaliar e analizar políticas públicas.

Competencia Específica 12 (CE12):
Analizar a política internacional e/ou a estrutura e o funcionamento da Unión Europea.

Competencia Específica 13 (CE13):
Aplicar os métodos e as técnicas de investigación e política social e operar con métodos de investigación cuantitativos e cualitativos.

Competencia Específica 14 (CE14):
Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) aplicables á xestión pública.

Competencia Específica 15 (CE15):
Identificar as consecuencias que a toma de decisións e os actos dos servidores públicos teñen sobre as persoas e a sociedade. Particularmente, na solución de problemas éticos e morais, dentro da área da xestión e administración pública.

Competencia Específica 16 (CE16):
Desenvolver habilidades para a resolución de problemas institucionais complexos.

Competencia Transversal 1 (CT1):
Identificar o significado e aplicar a perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Competencia Transversal 2 (CT2):
Comunicarse de forma oral e escrita tanto nas linguas oficiais (castelán e galego) como nunha lingua estranxeira.

Competencia Transversal 3 (CT3):
Sensibilizarse con temas ambientais.

Competencia Transversal 4 (CT4):
Dominar as TIC relacionadas coa titulación no ámbito académico e profesional.

Competencia Transversal 5 (CT5):
Integrar a aprendizaxe autónoma.

Competencia Transversal 6 (CT6):
Adaptarse a novas situacións.