O Grao en Dirección e Xestión Pública, é o único título das súas características do sistema universitario español. Tamén é singular porque é o único título público, oficial e acreditado que se imparte na modalidade virtual en Galicia e España.
Garantir a calidade do plan de estudos é posible, definindo unha aprendizaxe personalizada, en grupos pequenos, e cun equipo profesional de docentes que leva máis dunha década de experiencia en formar persoal técnico e de xestión de diferentes niveis de administración pública, estatal, rexional e local.
O novo Grao “en liña” en Dirección e Xestión Pública está dirixido a axudar a mellorar as competencias do seu estudantado, centrado en desenvolver habilidades de pensamento crítico, análise de problemas complexos e adquisición de competencias “hard” e “soft” sobre aspectos de xestión pública, de políticas públicas, dereito público, economía, socioloxía, informática, estatística, así como outras materias de relevancia para poder desenvolver unhas funcións públicas nunha contorna profesional, de gobernanza multinivel e crecentemente complexo.
Todo iso cento por cento virtual.
Todo iso, cento por cento de calidade académica internacional.